O PP de Foz advirte que «a empresa adxudicataria da residencia de maiores ten 86.000 euros pendentes de cobrar»
«O alcalde incumpre sistematicamente coa empresa adxudicataria que, despois de varios meses de servizo extraordinario, se ve na obriga de volver reclamarlle ao Concello os seus pagos», explica Castiñeira. O popular lamenta esta situación «porque se da a pesar de que o alcalde sabe que está pasando problemas económicos causados, precisamente, porque o propio Concello tampouco quixo aceptarlle os novos prezos pola realidade do covid- 19».
O voceiro do PP de Foz lembra que «o concurso debera estar xa resolto en decembro do 2022. E a pesar de que «se tiña comprometido a convocar ao Partido Popular para a elaboración dos pregos para sacar o servizo a concurso en condicións xustas e adaptado ás circunstancias, non o fixo. E aínda nolo presenta hai poucos días á corporación municipal».
Castiñeira subliña «o incumprimento sistemático do rexedor coa residencia. Se engana todo o tempo aos veciños de Foz con este servizo tan importante, non nos podemos imaxinar o que fai diariamente».