O PP de Foz advirte que «a empresa adxudicataria da residencia de maiores ten 86.000 euros pendentes de cobrar»

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, condena que «Cajoto volva poñer en risco tanto o servizo de coidado dos maiores na residencia de maiores coma o salario dos traballadores». Así o sinala tras coñecer que «a empresa notificou novamente ao Concello que volva recuperar a senda dos pagos porque lle debe arredor de 86.000 euros correspondentes aos meses de xuño, xullo e agosto».

«O alcalde incumpre sistematicamente coa empresa adxudicataria que, despois de varios meses de servizo extraordinario, se ve na obriga de volver reclamarlle ao Concello os seus pagos», explica Castiñeira. O popular lamenta esta situación «porque se da a pesar de que o alcalde sabe que está pasando problemas económicos causados, precisamente, porque o propio Concello tampouco quixo aceptarlle os novos prezos pola realidade do covid- 19».


O voceiro do PP de Foz lembra que «o concurso debera estar xa resolto en decembro do 2022. E a pesar de que «se tiña comprometido a convocar ao Partido Popular para a elaboración dos pregos para sacar o servizo a concurso en condicións xustas e adaptado ás circunstancias, non o fixo. E aínda nolo presenta hai poucos días á corporación municipal».


Castiñeira subliña «o incumprimento sistemático do rexedor coa residencia. Se engana todo o tempo aos veciños de Foz con este servizo tan importante, non nos podemos imaxinar o que fai diariamente».