Aprazado tamén o acto de elección do rei ou raíña do Entroido de Foz por mor dos incendios
«Por fortuna non hai que lamentar danos persoais nin tampouco hai vivendas afectadas, pero vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación», sinalan desde a organización, que engade: «desexamos que se extingan o máis rápido posible e queremos agradecerlle o seu traballo aos corpos e forzas de seguridade, bombeiros, traballadores de Medio Rural, Protección Civil, GES de Cervo e á veciñanza da zona, que levan traballando arreo desde esta madrugada para parar esta barbarie».
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz rematan anunciando que «unha vez extinguidos os incendios e controlada a situación informaremos da nova data para a realización do acto. Agradecemos a comprensión de toda a veciñanza».