«Por fortuna non hai que lamentar danos persoais nin tampouco hai vivendas afectadas, pero vémonos na obriga de aprazar o acto que se ía celebrar mañá á espera de como poida evolucionar a situación», sinalan desde a organización, que engade: «desexamos que se extingan o máis rápido posible e queremos agradecerlle o seu traballo aos corpos e forzas de seguridade, bombeiros, traballadores de Medio Rural, Protección Civil, GES de Cervo e á veciñanza da zona, que levan traballando arreo desde esta madrugada para parar esta barbarie».
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz rematan anunciando que «unha vez extinguidos os incendios e controlada a situación informaremos da nova data para a realización do acto. Agradecemos a comprensión de toda a veciñanza».