A competición transcorrerá por un circuito urbano pechado á circulación de vehículos e cun perfil moi suave que propiciará unha carreira rápida. Con saída e meta na praza Rosalía de Castro, en Foz, o percorrido será de 200 m para os Pícaros, 500 m para os Benxamíns, 1000 m para os Alevíns, 1800 m para Infantís e Cadetes e 5000 m para la competición absoluta.
As inscricións, que se poderán realizar online a partir do 4 de xullo e ata o 22 do mesmo mes, estarán limitadas a 300 corredores para a carreira absoluta, 100 corredores para la carreira dos Pícaros, e 50 corredores para Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes. O prezo da inscrición será de 6 euros ata o 16 de xullo e de 8 euros para todos os participantes que reserven a súa praza a partir do día 17. Nas restantes categorías, a participación será gratuíta.
O sistema de cronometraxe da proba será mediante chip, publicándose a clasificación oficial os días posteriores ao evento na páxina web spormaniacs.com, carrerasconencanto.com e na web runfozrun.com. Ademais, haberá trofeos aos tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría.