Viveiro lembra ao poeta Carlos Oroza
O viveirense é un poeta adscrito á xeración beat, de inspiración rebelde e contracultural, recoñecido polos seus excelentes recitais. Era un mestre na arte da poesía oral e un referente que impresionaba pola súa forza e a viveza da súa voz.
Aínda que marchou moi novo de Viveiro cara a Madrid e residiu a maior parte da súa vida en Vigo, Oroza deixou pegada na súa vila natal e agora os veciños e veciñas poderán achegarse á súa figura.
«Estamos moi orgullosos de contribuír a por en valor a obra dun dos referentes da poesía oral no noso país. Viveiro é berce de moitos grandes nomes da nosa literatura e desde o Concello estamos moi satisfeitos de dar a coñecer o seu legado», afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A mostra conta con seis cubos con imaxes e textos que fan un percorrido pola súa vida e a súa obra.