Segundo o Informe “Vivienda en Costa 2023”, da empresa especializada en valoración inmobiliaria Tinsa, A Mariña é a zona costeira do Estado onde máis barato sairía comprar unha vivenda vacacional. O prezo destas sitúase de media nos 1100€/m² fronte a un valor medio xeral da vivenda nos municipios de costa de Lugo de 941€/m² e un valor medio da provincia completa 894€/m².
Neste sentido, en Lugo, o peso dos concellos costeiros sobre o conxunto da provincia é o menor de toda España debido á reducida liña de costa, apunta o informe. As compravendas presentan unha diminución, a maior de todo o litoral, aínda que se trata dun dos mercados con menor peso e volume.
A actividade promotora é mínima. En toda a liña de municipios costeiros rexistráronse 4 visados en 2022, os mesmos que en 2021 e non lonxe dos 5 de 2020. Así pois, a construción de novas vivendas na Mariña é prácticamente inexistente.
Ademais, o perfil do demandante é maioritariamente nacional, procedente de Madrid, Castela e León, Asturias e Galicia (de Ourense e Lugo en municipios do interior que non dispoñen de costa). Predomina a compra para uso propio.