Presentado o IV Torneo de Pádel Cervo
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 18 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e trofeos para os mellores clasificados, e haberá cadro de consolación tamén en todas as categorías.
A rexedora, Dolores García Caramés, achegouse ata o complexo deportivo, para presentar o evento xunto a varios dos organizadores do torneo, e animou a todos os afeccionados a este deporte a que participen na competición e desfruten das nosas instalacións deportivas “que foron ademais recentemente melloradas coa instalación dunhas lonas de PVC para favorecer o xogo e que non se vira condicionado por factores meteorolóxicos”, e tamén se habilitou un vestiario para as persoas usuarias.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo domingo, 19 de setembro, no teléfono 639 05 40 15 (Fran) ou a través da plataforma Mis Torneos Online. As reservas para poder facer uso das dúas pistas de pádel municipais poden formalizarse a través da páxina https://reservas.concellodecervo.com/.