O grupo Madmess: «Tocar aquí é como sentirnos na casa»

WhatsApp Image 2024-07-12 at 17.30.40
photo_camera El grupo Madmess.
A Sacabeira tiene programada para mañana su último concierto de la temporada con el grupo portugués  Madmess. Una propuesta "vibrante con estilo heavy rock-psicodélico".

Vasco Vasconcelos (Baixo), Ricardo Sampaio (Guitarra) e Pedro Cruz (Batería) conforman Madmess. O grupo orixinario de Porto (Portugal) defínese por ter un estilo de “heavy, rock-psicodélico” e iniciará a súa xira europea en Galicia.  Concretamente, mañá ofrecerá o seu set “variado e fresco” en A Sacabeira. Este evento será o último concerto da tempada para o local cultural ubicado en Sargadelos ata setembro.

Para quen non vos coñeza, quen é Madmess?

Somos unha banda de amigos creada fai oito anos por tres amigos.Todos temos unha alianza, xa que vivimos todos da música e tíñamos varias bandas ata decidimos conformar a nosa propia banda.

Como vos definides como grupo?

Somos un grupo de rock, inspirados na época dos anos 60 e 70 e, como nós non nacemos nesa etapa, facemos a nosa propia versión dos que nós atopamos máis cercano ao noso propio estilo. Queremos que as nosas cancións cheguen a toda a xente.

Cal é o motivo de que queirades comezar a vosa xira en Galicia e, en concreto tocar na Sacabeira?

A nós sempre nos gustou esa zona. Notamos unha conexión importante e é un bo sitio de partida para todo. Para nós os galegos é galicia é terra irmá.

Que se poden esperar os fans ou visitantes no concerto de mañán?

Moito rock, moita enerxía e boa disposición. Tamén atoparán cancións moi vibrantes e frescas dado o noso estilo particular e daremos moitas sorpresas aos nosos fans. Unha delas será que ofreceremos en exclusiva a escoita dos nosos novos temas. Sacaremos un disco novo a partir de setembro e será unha oportunidade para ter un primer intercambio.

Tedes algunha canción a cal teñades especial cariño?

O noso repertorio é moi variado con cancións antigas e máis modernas. Non temos ningunha máis especial, pero sí que facemos nos concertos máis fincapé nas cancións máis modernas.

Que vos inspira á hora de facer música?

Hai moitas cousas. Pero, sobre todo, inspirámonos na época dos anos 60 e 70. Para nós é a época máis real da música e queremos resaltalo de algunha maneira. O noso estilo é o heavy rock- psicodélico, ao final.

Cales son os grandes retos da música?

Nós somos de Portugal e, o gran reto, é que se aposte pola cultura. Hai unha gran falta de apoios e nós temos que invertir dos nosos cartos propios para poder seguir como músicos. Por iso, a nosa xira gústanos facela por outros lugares que se aposte pola cultura. 

Que espectativa tendes do concerto?

En Galicia trátannos increíble e sentímonos como na casa e é unha boa maneira de comezar o tour. Vai haber moito rock e esperamos que todo o mundo o disfrute.

Comentarios