Declarado un incendio no concello de Barreiros

Bombeiros traballando no lugar do incendio en Barreiros

Na mañá de hoxe foi declarado un incendio na estrada que une o concello de Barreiros coa localidade de Trabada, á altura de Santo Estevo.

As altas temperaturas e o vento que hoxe sopraba puideron ser as causas dun incendio que está a ser sufocado polos servizos de extinción de incendios desprazados ao lugar.