Aquí Diario na xornada de aprendizaxe e servizo á comunidade no Colexio Martinez Otero de Foz

Ademáis do carácter profundamente solidario da iniciativa, esta actividade de innovadora metodoloxía defende a educación inclusiva na que todas as realidades teñen cabida.

Desde o Colexio Martínez Otero decidiron contar co alumnado de terceiro de primaria e alumnado da Asociación de discapacitados Virxe de Carme de Foz para colaborar nunha Actividade – Servizo na que se combinou a aprendizaxe e o servizo á comunidade.



Ademáis do carácter profundamente solidario da iniciativa, esta actividade de innovadora metodoloxía, coordinada desde a materia de A&C e o departamento de Orientación, que defende a educación inclusiva na que todas as realidades teñen cabida e que está enmarcada baixo o paraugas do DUA (Diseño Universal de Aprendizaxe).

 

Os alumnos e alumnas compartiron unha fermosa e enriquecedora xornada de manualidades, alimentación saudable e descansos activos no centro escolar, elaborando diferentes detalles, coa intención de proporcionar unha axuda á asociación.



Segundo o centro escolar: “Grazas á inestimable colaboración do ANPA do noso centro, a partir da vindeira semana durante a primeira hora da mañá, como xa se fixo coa recollida de xoguetes, na entrada do colexio haberá instalado un mostrador no que calquera persoa poderá aportar calquera tipo de material escolar: gomas, cores, lápices, tesoiras, xogos de mesa, arcilla… e incluso semillas ou plantas para a horta”.



A cambio da donación, os membros do ANPA entregarán no intercambio unha das manualidades feitas polo alumnado de 3º de primaria, que como protagonistas da iniciativa, participará antes da subida ás súas aulas. Dende o centro de ensino, animan aos veciños e veciñas de Foz a colaborar con esta iniciativa solidaria.

Comentarios