O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde da Pontenova, Darío Campos, para avaliar proxectos da administración autonómica de interese para o municipio.
Arias destacou que o Goberno galego «colabora cos concellos no desenvolvemento de iniciativas que incrementen o benestar dos veciños e veciñas, impulsando a ampliación e mellora de servizos e dotacións».