Javier Arias e Darío Campos avalían proxectos da Xunta de interese para A Pontenova
24 de octubre de 2023 (18:55 h.)
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde da Pontenova, Darío Campos, para avaliar proxectos da administración autonómica de interese para o municipio.
Arias destacou que o Goberno galego «colabora cos concellos no desenvolvemento de iniciativas que incrementen o benestar dos veciños e veciñas, impulsando a ampliación e mellora de servizos e dotacións».