A Pontenova celebrará sus fiestas patronales del 4 al 7 de octubre con una programación que incluye la siempre esperada Queima dos Fornos. Para Dario Campos, alcalde del municipio, estas «son as festas máis importantes que hai no municipio durante todo o ano e do que se trata é que a xente descanse e que teña uns días de ledicia, de festa». «Hai un moi bo cartel de música e a Queima dos Fornos, que celebra os seus 25 anos, é xa un referente na comarca a nivel pirotécnico, incluso en toda a rexión», añade el regidor, quien espera que «este ano aínda sexa máis espectacular, porque algo especial están preparando».
La localidad recibió también hace unos días uno de los premios a la excelencia turística de Lugo por el proyecto, impulsado por el Concello, de las minas Consuelo e Boulloso: «É un recoñecemento ao traballo ben feito a nivel turístico. Este premio, do Consello Provincial de Turismo, non é o primeiro; pois xa recibimos outro á mellor iniciativa de desenvolvemento rural do AGADER tamén por este mesmo proxecto», añade Campos. «Vén a dicir que é algo innovador, algo diferente ao demais, como pode ser a actividade da tirolina e a visita á mina. É a única visita a unha mina en Galicia que se pode ver, a verdade é que practicamente é unha cova, que está moi naturalizada, con diferentes coloridos, óxido etc. Agora só se pode visitar o nivel 0 e o -1, estamos loitando para que se poida baixar tamén ao segundo nivel», prosigue el regidor. Otra de las actividades a nivel turístico que generó una importante atracción de visitantes al municipio pontenovés fue la I Rapa das Bestas en Neipín: «Outra actividade máis na que houbo moita xente durante o verán, un período no que case cada fin de semana hai algunha actividade na Pontenova. Agora no inverno, o seguinte evento que teremos será a Feira de Antigüidades, o 7 e o 8 de decembro. Estamos a traballar para revitalizar un pouco a vida de concellos que, coma o noso, sufren de despoboamento e para os que cada vez é máis custoso dárlles servizos aos veciños».
En cuanto a los servicios, precisamente hace unas semanas, el PP local pedía «agilidad» en la construcción de la nueva residencia. Para Campos, «a verdade é que a empresa non cumpre co que estaba contratado, xa que levan un atraso bastante notable». «Estes días estaban dando por dentro morteiro e poñendo as ventás, polo que semella que hai un pouco máis de avance. Agardemos que a finais de marzo ou comezos de abril estea rematada. Faltaría equipala e poñela a andar, esperemos que para final de ano ou principios do 2026 estea en funcionamento, pois é o servizo agora mesmo máis necesario. O resto, máis ou menos está cuberto, pero este é primordial porque hai bastante xente de aquí que precisa a residencia ou hai xente que xa está na residencia, pero lonxe da Pontenova», explica.
Por último, Campos, quiere invitar «a todos os lucenses e visitantes en xeral a pasar un día á Pontenova e gozar das súas festas. Hai un bo cartes de orquestras e tamén unha gran variedade de actividades, como pode ser a Queima dos Fornos, que é algo que a xente se anima moito a ver».