Aquí Diario desprazouse ao mercado semanal de Ribadeo para preguntarlles a comerciantes e a clientes que ubicación prefiren: a anterior, na contorna da praza de abastos; ou a actual, no aparcadoiro municipal.
No seu momento, a decisión de trasladalo ao actual emprazamento por mor da pandemia causou certa polémica. Onte, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, deixou no aire unha posible volta ao centro.
As opinións están divididas, algúns prefiren quedar e outros desexan un regreso ao lugar tradicional. Entre os argumentos esgrimidos polos defensores de manterse no aparcadoiro destacan a comodidade para entrar cos seus transportes, o maior espazo ou a seguridade. Pola contra, hai quen opina que as vendas eran maiores no centro da vila e isto beneficiaba tamén aos locais próximos