O PP de Ribadeo co lema 'Ribadeo Avanza' conmemora o aniversario da vitoria electoral do 28M
Ao acto acudiron a Secretaria Xeral, Paula Prado, a Conselleira do Medio Rural, María José Gómez e Jose Manuel Balseiro, senador. Dani Vega estivo, ademáis, acompañado do seu equipo local de concelleiros entre os que se atopaban: Elena Sierra- Benestar Social Saúde e Familia; Begoña Sanjurjo- Facenda, Cultura, Educación e Igualdade; Diego Dos Santos- Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestructuras; Montse Seijo- Recursos Humanos, Seguridade e Atención Cidadá; Marta Saiz- Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio; Francisco Silvent- Deportes e Mocidade.
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado apelou o apoio masivo que recibiu o Partido Popular en Ribadeo nas eleccións municipais para facer posible unha nova vitoria nas eleccións europeas do 9 de xuño.
Os participantes coincidiron en felicitar a Daniel Vega “polo seu labor á fronte do Concello de Ribadeo, recoñecéndolle publicamente a súa capacidade de traballo e, sobre todo, a súa capacidade para buscar e atopar sempre as mellores solucións para os seus veciños”.