Os reis do "pulpo"
19 de octubre de 2023 (19:50 h.)
A pesar da choiva e dos fortes ventos destes días, o polbo á feira volveu ser protagonista nas San Lucas de Mondoñedo. As ringleiras de xente agardando para para poder gozar do tradicional prato na Pulpería Mario de Viveiro son xa habituais nas feiras e festas máis antigas de Galicia. E é que As San Lucas son unha data marcada no calendario de Hernán Navarro e da súa dona, Teresa Louzao, propietarios da recoñecida marca.
Estarán en Mondoñedo ata o día 22 de outubro en horario continuado de 12 h a 01 h. Desde as primeiras comidas ata as últimas ceas nunha festa na que esperan vender 1.200 quilos de polbo que, xunto co xamón cocido, as luras e os pinchos morunos, é a ración máis demandada polos comensais que se achegan ao seu "botiquín".