Aquí Diario non se quixo perder a tradicional Cea de Antroido, que este ano os organizadores do Antroido ribadense, quixeron recuperar.
Desde o Concello indican que “esta edición do Antroido de Ribadeo afonda e quere darlle o protagonismo a aqueles elementos que o caracterizan, que o fan único, porque nun mundo globalizado coma no que vivimos só a nosa singularidade nos vai facer destacar”. E subliñan que “o que fai diferente o Antroido ribadense dos de arredor son a mascarita, a comparsa do cocho e a queima do Entroido. Así que este ano, toca vivir intensamente tamén as xornadas nas que estas tres figuras son as protagonistas para que así, aos poucos, de edición en edición, o Antroido de ribadeo teña a marca de singularidade que precisa para afianzarse e medrar".