A quen pretenden enganar?

Criticar por criticar e desacreditar o traballo que fai este goberno é o único ó que dedica o seu tempo o Bng. Durante un ano e catro meses tivemos a capacidade de xestionar moito orzamento, pero tamén de eliminar dous créditos. O primeiro, cando chegamos, unha cantidade algo superior a 100.000€ e agora o que sacaron para a Residencia Hospital Asilo de 950.000€. Tivemos a capacidade de xestionar 700.000€ co que puidemos eliminar este crédito.

Isto, lévanos a ter capacidade de poder sacar un novo crédito para poder investir. Non o dicimos nós, intervención e técnicos do Concello así o consideran tamén.

¿Cómo pode o Bng votar en contra? ¿cómo se pode votar en contra de investir en instalacións deportivas? Chove máis dentro que fora dende hai anos e non deron ningunha solución definitiva.  ¿A qué debemos esperar? A ver se no medio da choiva cae algún billete?Hai que traballar e HAI QUE TOMAR DECISIÓNS, facer proxectos para posibles convenios..

En infraestruturas, máis do mesmo. Non se pode criticar que hai fochancas, que as hai, e votar en contra do seu arranxo. Durante vinte anos houbo unha ralentización de programación e de inversión TOTAL e ABSOLUTA. Critican as fochancas e o estado dos edificios que eles mesmos deixaron abandonados e votan en contra, sen ningún tipo de pudor, de solucións para o arranxo do pavillón e doutras instalacións deportivas, auditorio, Praza de Abastos. “Esixen” o campo de herba artificial que prometeron no seu programa en varias ocasións e que non foron capaces de cumprir, de rúas que literalmente dan pena como Alza-San Lázaro, Barrio da Torre, aceras de rúa Villalba, Travesía da Paz, Rúa Reinante ou Rúa San Francisco, que foron tan ben feitas que estando aínda en obra, recordemos, houbo que levantar todo porque non ía ben… bueno nin ía nin foi… aí está o resultado!!

Tivemos a capacidade de xestionar para amortizar crédito. Entendemos que o Bng non foi capaz porque ante a negatividade de xestionar coas administracións, dando pena e esperando soamente limosnas da Deputación, é imposible…

Nós  non viñemos para dar pena nin para victimizarnos. Nós temos a capacidade de xestionar porque entendemos que para mellorar Ribadeo hai que investir, e temos que ter esa capacidade de inversión sen ter que ir a outras partidas como a da luz ou a do combustible, que despois pasa o que lle pasou ó Bng no último mandato… que lle cortaron o suministro…

Pero, ¿a quén pretenden enganar?  Nós vamos seguir neste ritmo constante de traballo, xestionando para seguir investindo. Somos o goberno que máis inversión está tendo da Mariña. Ribadeo está activo. Ribadeo está transformándose, mentres o Bng desacredita o traballo e a inversión… ALÁ ELES!!

Nós ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.