Opinión

«¿A QUÉN PRETENDEN ENGANAR?» artigo de opinión do Grupo Municipal Popular de Ribadeo

«A poda realízase porque houbo unha petición verbal por parte do centro. Visitamos as instalacións como tantas outras veces, e entre a dirección do centro, os técnicos e traballadores municipais, analizáronse qué árbores precisaban poda, que eran todas porque levaba anos sen facerse, e cales había que eliminar porque supoñían algún risco, danaban algunha estrutura, producían humidades ou impedían o paso da luz. Con normalidade absoluta. Como sempre o fixemos.

Lamentable a demagoxia e a pouca ética coa que algúns membros da oposición manipularon a poda e a eliminación de certas árbores que danaban os edificios do colexio Gregorio Sanz. Recordarán cando algún membro do Bng dicía que “en política non todo vale”… pois efectivamente, non todo vale e eles xa o deberían ter ben sabido.

Foi tal a demagoxia que “sentimentalmente” estaban moi afectados polo inmenso cariño que lle tiñan a esas árbores e polo que parece ser supoñían para algún. Apaixoados sí resultaron ser, porque é ben curioso que os que máis afectados parecían estar, coñecen o Gregorio Sanz dende hai catro días e os que nos criamos e nos formamos neste centro non presentamos ningún síntoma depresivo. Ai… CANTO CONTO!! Canta ideoloxía partidista para manipular e facer dano, aínda non sabemos moi ben a quén…

A poda realízase porque houbo unha petición verbal por parte do centro. Visitamos as instalacións como tantas outras veces, e entre a dirección do centro, os técnicos e traballadores municipais, analizáronse qué árbores precisaban poda, que eran todas porque levaba anos sen facerse, e cales había que eliminar porque supoñían algún risco, danaban algunha estrutura, producían humidades ou impedían o paso da luz. Con normalidade absoluta. Como sempre o fixemos. Porque nós xa estivemos alí cando houbo que facer reformas. Porque os que estudamos nese centro, SÍ lle temos cariño e observamos a necesidade de inversión no colexio.

Por certo, o sentimentalismo dalgún debe ser máis recente porque cando houbo que xestionar inversión non apareceron por alí. Ai si!! Perdón!! Apareceron poñer paus nas rodas para a instalación do ascensor!! Como sempre, embarrando e facendo dano amparados nunha ideoloxía partidista. ¿Para qué pensar nos nenos e nenas que estudan alí?

Esta actuación forma parte das melloras do centro. O que non se pode é contar cun sistema de intelixencia lumínica e que as árbores impidan a entrada de luz natural. E moito menos que se danen as estruturas dos edificios ou metan humidades como pasaba na casa do conserxe. En breve hai que tirar todo o cierre perimetral e facer un novo. Xa sabemos que iso os máis “sentimentales” lles vai supoñer un disgusto pero Ribadeo Avanza e o colexio Gregorio Sanz, avanza con él.

Costa moito entender o que unha parte do Bng nos quere trasladar, dicimos unha parte porque ó estar tan divididos costa entendelos. Isto xa pasou hai anos, cando un concelleiro do Bng mandou eliminar árbores que danaban o cierre perimetral, onde actualmente está o campo de herba artificial. Ninguén da oposición dixo nada excepto esa parte do Bng que, como dicimos, todo lles cheira e nada lles vale (xa daquela había división pero disimulaban mellor) e acusaron a dito concelleiro de poda indiscriminada. É certo que naquela ocasión non había informe técnico, pero nós non cuestionamos a ninguén e pensamos que se fixo con criterio e sensatez.

Pero, ¿A QUÉN PRETENDEN ENGANAR?

En fin, nós ó noso, traballando arreo por Ribadeo e polos intereses dos nosos veciños.


 


 

Comentarios