Opinión

¿Qué parte de “non viñemos para estar, senón para facer” non entenderá o grupo do Bng?

280924 Foto dia xubilado Ribadeo

Non sabemos se non entenden ou non comprenden pero e que ultimamente todo lles cheira e nada lles vale. Agora tamén teñen problemas coas actividades que se organizan para os nosos maiores. ¿Qué ten de malo a actividade Pasos de Sabiduría? Unha actividade os domingos, moi demandada por certo, e na que se reúnen moitas persoas para falar, bailar ou simplemente tomar un café e pasar unha tarde do domingo acompañados en vez de estar, en moitos casos, solos na casa mirando para un televisor ou durmindo.


¿E qué ten de malo celebrar o Día do Xubilado? Celébranse outros moitos días no ano, ¿por qué non o Día do Xubilado? ¿Acaso o Bng considera que non o merecen? Unha xeración que traballou arreo toda a súa vida, que sacou familias enteiras adiante, que coidaron a pais e criaron os fillos e que seguen axudando na crianza dos netos, ¿acaso non merecen un día para eles?


Todos os concellos, goberne quen goberne teñen o Día do Xubilado, bueno…todos menos Ribadeo que, como tantas outras cousas, tamén o deixaron morrer. Debía dar moito traballo organizar e xa se sabe que o traballo para o Bng… inventouno o demo!!


Para nós non é traballo, para iso viñemos, e ademais organizamos con moito gusto, con moito cariño e con moito orgullo de pensar en todos. Pensamos nos máis pequeniños, na mocidade e por suposto nos nosos maiores. Traballamos para que Ribadeo teña unha ampla oferta de actividades e que cada quen poida escoller a onde ir e a onde non, porque temos que recordarlle ó Bng que nós non levamos a ninguén a ningures. Nós non levamos de noite para o parque ós usuarios da residencia sacar a foto no acendido do alumeado do Nadal, que ten moi mala memoria o Bng… Iso SÍ é utilizar e manipular. Nós organizamos actividades as que vai quen quere e cando quere e por suposto que vamos seguir facendo cousas. Por moito que o Bng se empeñe, Ribadeo non vai morrer. Sabemos que lles escoce moito, o hinojo e a menta poleo son moi bos para os ardores. En fin, nós ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.

Comentarios