Opinión

«A quen pretenden enganar?», artigo de opinión do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo

NOTICIAS AQUI DIARIO (1200 x 675 px) (16)
photo_camera Foto de archivo

Ata agora non entendíamos moi ben as actitudes dalgúns membros da oposición pero chegamos á conclusión que cando non hai traballo nin argumento crible, o único que lles queda é a mentira e a manipulación política. Iso dáselles bastante ben, debe ser que a practican moito. Detrás de cada decisión e de cada traballo deste goberno hai un intento de desprestixio. Claro que para manipular e desprestixiar hai que ter memoria e diso, segundo demostran, van xustiños.

Si se fai a poda, faise mal, e iso dino os “expertos” que cando a facían cometían auténticas barbaridades. Non hai máis que recordar a poda tan ben feita que fixeron no cemiterio, que tiveron que arrancar todo a causa das enfermidades que lles entraron. nunca máis se acordaron de volver plantar e farémolo nós porque o abandono de vinte anos non só está nos edificios públicos, está en todo, e iso tamén inclúe as árbores.

Tampouco recordan o arboricidio que fixeron no colexio Gregorio Sanz cando se fixo o campo de herba artificial. Ó concelleiro de Medio Rural daquel momento non lle temblou o pulso en arrancar todo da feito sen ningún criterio técnico. Baseouse en que daban alerxia…a día de hoxe non sabemos a quen, pero daban alerxia… Ó mellor é que non podían convivir as árbores co campo de herba artificial…

Cando fixeron o carril bici ata o faro, tampouco lles temblou o pulso en arrancar o que atopaban ó seu paso… O mesmo pasou na Atalaia… e todo sen ningún tipo de informe técnico. No centro hai decenas de espazos onde as árbores foron morrendo e xamais foron substituíras…  Para estar tan afectados agora coas árbores que tivemos que sacar baixo criterios técnicos, moi arrepentidos teñen que estar, porque do contrario non entendemos tanta sensibilidade…

Nos tomamos en serio isto e sempre traballamos e actuamos baixo criterios técnicos, os cales se intentan desprestixiar meramente por intereses políticos. Alá cada quen coa súa conciencia, pero adiantamos que nós vamos seguir na mesma liña de traballo. Unha árbore danada e enferma que cause algún risco ou falta de seguridade vai ser eliminada porque si cae e pasa algo, entón si seríamos culpables ademais  de irresponsables!!  Unha árbore que, aínda estando ben, cause danos a algún edificio, tamén vai ser eliminada e replantada noutro lugar onde cause menos impacto. Non se fixo unha inversión dun millón de euros no colexio Gregorio Sanz para ter árbores pegados ó edificio causándolle danos e impedindo o paso de luz natural.

Que unha praza como era o caso da Praza de Pancho Maseda non teña accesibilidade,  que máis da? Total, en vinte anos, excepto o Concello, non foron capaces de facer accesible ningún edificio público!! Iso non importa, o caso é a manipulación política e intentar desprestixiar a este goberno.  Ai… que errados están!!

Dicímolo con claridade, nós non vamos deixar manipular, vamos seguir traballando con criterios técnicos e cun goberno dedicado 100%  a Ribadeo. Todas as podas e os traballos  que se fixeron foi baixo un criterio técnico e xestionando orzamento doutras administracións para aforrar orzamento do Concello e vamos a seguir nesta liña, traballando arreo para defender os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.

Comentarios