Evento

XXXI Festa do Ourizo en Cervo

16/03/2024

A XXXI edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 16 de marzo, en San Ciprián.

Poderán degustarse as mellores receitas de ourizo nos locais participantes: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega de Ana, Maruxaina e Aquelarre

Haberá tamén showcooking a partir das 12.00 horas na carpa da Praza dos Campos con degustación de ourizo cocido na carpa da man da asociación Mistura

A xornada estará amenizada durante todo o día con diferentes agrupacións musicais e charangas

Xa pola noite a verbena correrá a cargo da orquestra Funçao Públika