Evento

XXIV Carreira Popular Concello de Viveiro

30/12/2023 a 30/12/2023
16:00 h a 21:00 h

A carreira San Silvestre deste sábado, 30 de decembro, está organizada polo Club Deportivo Egovarros e conta coa colaboración do Concello de Viveiro, así como da Deputación de Lugo e o Club Ciclista Viveiro.

As inscricións serán gratuítas para a categoría de menores, mentres que para a categoría absoluta, a cota de inscrición será de 5 euros a pagar polo sistema bizum ao teléfono 650 930 940.

As inscricións tramitaranse realizando o pago e indicando os datos das persoas participantes ao e-mail a [email protected] ata o día 28 de decembro de 2023.