O vindeiro 3 e 4 de maio celebraranse as primeiras xornadas sobre a sociedade, economía e cultura maragatas en Lourenzá. Será na MARAGATACASA sita no número 18 da avenida de Mondoñedo.
Trátase do xermolo dun proxecto de futuro impulsado por MARAGATACASA AC da cal é presidente o laurentino Xoán Rodriguez Rivas e que conta coa colaboración do Concello de Lourenzá, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.