Evento

V Premio de Novela Vilar Ponte

01/12/2023 a 01/12/2023
20:30 h a 21:30 h

O Concello de Viveiro entrega este venres 1 de decembro o V Premio de Novela Vilar Ponte. O acto terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.  
A obra galardoada no certame organizado polo Concello foi 'Pero... Como morren as pegas?' de Óscar Manuel Guzmán Álvarez. Resultou finalista 'Letras azuis sobre formigón gris', de María Cristina Rey Vázquez.  
O xurado do concurso estivo conformado polo historiador e cronista oficial da vila Carlos Nuevo Cal, o investigador e crítico literario Armando Requeixo Cuba e a xornalista cultural Montserrat Dopico González.  

WhatsApp Image 2023-11-28 at 15.28.40