Evento

Trécola Producións en Burela

18/11/2023 a 18/11/2023
18:00 h a 20:00 h

Trécola Producións representa en Burela a obra 'Coa música a outra parte'

A compañía de teatro de títeres, con máis de 40 anos de historia, traerá á nosa vila esta divertida farsa inspirada en varias obras de Rafael Dieste

O espectáculo, para todos os públicos, será de balde e terá lugar o sábado 18 de novembro ás 18:00 nunha carpa instalada na praza da Mariña

Fai parte da nova edición do Circuito de Teatro Profesional organizado pola Deputación de Lugo, coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Burela

 

WhatsApp Image 2023-11-14 at 12.10.01