O sábado 21, ás 19:30h, no Salón de Actos da Casa da Cultura, dentro do Programa Ler Conta Moito, actuación da Xanela do Maxín en "Toupiciencia", dirixida a todos os públicos. A Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento.