Evento

Teatro "Smoke on the water" en Foz

20/10/2023 a 20/10/2023
20:30 h a 23:00 h
Foz

Na Sala Bahía Ibuprofeno Teatro pon en escea o seu espectáculo Smoke on the water.

Venres 20 outubro ás 20:30h
Prezo: 5€


Ritchie (Blackmore) vive ancorado na música dos 70, ten unha tenda de vinilos de colección. Janis (Joplin) hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive despois de case 25 anos de crise permanente. Esta relación de dependencia vese ameazada pola aparición de Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora. O Rock and roll é o pano de fondo deste enredo amoroso-financeiro entre un grupo de seres humanos fracasados, torpes, patéticos, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

 

WhatsApp Image 2023-10-20 at 13.29.28