Evento

Teatro Pico de Castro en Burela

17/11/2023 a 17/11/2023
21:00 h a 23:00 h

Teatro Pico de Castro representa 'As mentiras teñen os pés pequeniños' na Casa da Cultura de Burela. O grupo, procedente de Foz e activo dende 2014, presentará na nosa vila esta comedia para todos os públicos o venres 17 de novembro de 21:00 a 22:00

Na obra, escrita e dirixida por Juan José Villarino, Bieito atópase sen querer en posesión dunha bota pertencente á dona do belicoso coronel Leóni, polo que terá que agudizar o inxenio para pasarlle a outro incauto a responsabilidade do asunto e ficar libre de represalias.

A compañía percorre dende o seu nacemento toda a provincia, actuando da man de asociacións e concellos e representando pezas cómicas como 'De vello gaiteiro' ou 'Matías está tolo'.

Entrada de balde

 

WhatsApp Image 2023-11-14 at 12.09.55