Volve o teatro afeccionado á Casa da Cultura. Nesta ocasión o domingo 11 de febreiro ás 19h o grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, que presenta unha homenaxe aos irmáns Álvarez Quintero con 3 obriñas: "Sangre gorda", "Mañanita de Sol" e "Ganas de Reñir". Este grupo afeccionado Andanzas xa estivo en máis ocasións no Vicedo e sempre con gran éxito.