Este 30 de septiembre a las 19 horas Raquel Beizás estará con su espectáculo "Soñadora das Árbores" en Casa da Cultura de Alfoz.
“Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba na póla. O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran. E cambioulle a vida... Só comunicándonos máis intensamente coa natureza, podemos ser capaces de comprendela, respectala e ao mesmo tempo valorar todo o que nos ofrece para crear un mundo máis transitable e saudábel. ‘Soñadora das árbores’ é un espectáculo de narración oral baseado nunha historia real e en lendas de diferentes culturas que exploran a relación entre as persoas e a natureza”.