No mes de decembro, comezaremos a Programación da Delegación de Cultura co Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá o sábado 9, ás 19:00h no Salón de Actos. No mesmo lugar, tamén ás 19:00h quedamos o 17 para desfrutar do espectáculo de música e teatro para todos os públicos "Zona en Obras" con Brais das Hortas e, ao rematar, farase a entrega dos premios do XXI Concurso de postais de Nadal, no que ademais dos 3 premiados/as nas categorías de Ed. Infantil, 1º ciclo de Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Primaria do CEIP Castro de Ouro, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras. Remataremos o mes con 2 tardes de festa para os nenos e nenas, de 17:30h a 20:30h no Pavillón Municipal os días 29 e 30 de decembro: inchables, pintacaras, música, xogos...e moitas sorpresas divertidas. Todas as actividades son de balde e de entrada libre, coma sempre, e non é precisa inscrición previa en ningún caso.