Evento

Programación actividades 25N en Burela

24/11/2023 a 26/11/2023
12:00 h a 14:00 h
A Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Burela presentan a programación de actividades co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. 
O venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero. A continuación será a inauguración do Xardín da Memoria, actividade realizada co alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro. 
E, para finalizar, ás 20:30 na Casa da Cultura, terá lugar a proxección do documental ‘Onde máis doe’. 
O domingo 26 ás 11:00 horas terá lugar a II Andaina contra a violencia de xénero, unha ruta circular de 7km con saída da Praza do Concello na que colaboran a Asociación Pasada das Cabras e o Grupo de Participación Adolescente. O Concello de Burela anima a toda o veciñanza a participar nestes actos.
WhatsApp Image 2023-11-21 at 13.08.11