O Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o 25N, Día Contra a Violencia Machista
O mércores 22 de novembro terá lugar, no salón de usos múltiples do Concello ás 19:30, a III edición do Clube de Lectura en Feminino, dinamizado por Estíbaliz Veiga. Contará coa presencia da autora Ledicia Costas co seu libro ‘Golpes de Luz’. O club leva desenvolvéndose en liña dende outubro, co apoio dos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero 2023.
O propio sábado 25 de novembro ás 12:00 horas será a Marcha Popular contra as Violencias Machistas, que sairá dende os Castelos en Covas ata a praza Maior de Viveiro. Alí haberá unha concentración en silencio para a lectura do manifesto institucional.