Luns 4 de marzo, actividade formativa na Escola Infantil Municipal ofrecendo un curso para o cadro de persoal centrado na 𝐚𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐢𝐳𝐚𝐱𝐞 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐚𝐮𝐱𝐢𝐥𝐢𝐨𝐬 𝐧𝐚𝐬 𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐩𝐞𝐝𝐢𝐚́𝐭𝐫𝐢𝐜𝐚𝐬. A formación será impartida por Matronas e Nais.
No marco do 𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫, 𝟖 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐫𝐳𝐨, está programada a lectura do manifesto institucional na Praza do Concello ás 13 horas.
O día 9 haberá un obradoiro de 𝐦𝐮𝐬𝐢𝐜𝐨𝐭𝐞𝐫𝐚𝐩𝐢𝐚 para mulleres impartido pola musicóloga e musicoterapeuta María Fuente no centro sociocultural de San Cosme ás 11 horas. Para participar neste obradoiro é precisa a reserva de praza no teléfono 629.668.251
Nova edición da 𝐄𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐅𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬. Esta nova edición poñerá o foco no papel da familia na educación afectivo-sexual, nos modelos relacionais e en internet e a sexualidade. O primeiro obradoiro, dos tres que compoñen o programa, terá lugar o sábado 23 de marzo ás 10:00 horas no centro sociocultural.