Evento

Obradoiros de Nadal en Viveiro

26/12/2023 a 04/01/2024
10:00 h a 14:00 h

O Concello de Viveiro pon en marcha coa colaboración de Eureka os Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos. En total son sete os obradoiros de balde que se ofrecen dende o martes 26 de decembro ata o xoves 4 de xaneiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas no pavillón do colexio Lois Tobío.
As temáticas dos obradoiros van dende a realización de adornos de Nadal; experimentos; bromas; unha ginkana; dulceiros; música, e moitos xogos.
As inscricións realizaranse mediante formulario online que se pode solicitar no número de whatsapp 654 20 83 33.