Evento

Maureen Choi en Ribadeo

06/04/2024

Maureen Choi é moito máis ca jazz e música latina, o seu espectáculo en directo é unha apaixonante viaxe co violín como voz principal e co jazz, a improvisación e a delicadeza da música clásica como vehículo de expresión.

Os seus compañeiros de cuarteto nesta aventura musical son: Daniel Garcia, pianista de jazz e director musical do exitoso «Hoy no me puedo levantar»; Mario Carrillo, contrabaixista e arregrista formado en Estados Unidos, e Michael Olivera, batería cubano, un habitual da escena jazzística de Madrid.

O prezo da entrada é de 10 euros a xeral, e de 5 euros a reducida para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas.