O próximo 29 de Decembro, ás 12 da mañá terá lugar a I Marcha Interxeneracional “San Silvestre” organizada polo CAPM “A Concordia”.
O percorrido irá dende a Rúa Dionisio Gamallo Fierros ata a Praza de España sendo unha actividade deseñada para todas as persoas incidindo en que a accesibilidade debe estar presente na vida cotiá.
Todas as persoas poden participar nesta proba, aportando conciencia social, facilitaránselles uns panos que os levarán a "poñerse nos zapatos" das persoas con capacidades diferentes.
O prazo de Inscrición é do 1 ao 15 de Decembro.