17 de maio
A programación comezará este sábado, día 4 de maio, coa representación da obra teatral 'O lapis do Martín' de Sarabela Teatro, ás 12:00 na Biblioteca Municipal. Seguirá o día 14 coa inauguración da exposición 'Exaltación do traxe galego-indumentaria tradicional' na sala multiusos do Concello.
O día central da programación, o 17 de maio, comezará coa interpretación do Himno de Galicia ás 12:00 no balcón da Biblioteca Municipal a cargo de David Bellas, seguida do baile tradicional da asociación Bágoas da Terra na praza maior. Convídase á veciñanza a vestir roupa tradicional ao longo da xornada como parte da acción colectiva "Orgullo de ser".
Tamén haberá, o mesmo día ás 13:00 na praza da Fontenova, actuacións do Coro Infantil do Colexio Loís Tobío e da Coral Polifónica Alborada. A programación completarase os vindeiros días con diferentes pasarrúas, representacións, e obradoiros.