Domingo 22 de outubro ás 20:30 horas no Cine Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “a película está interpretada por Manquiña, Paula Chaves e Estíbaliz Veiga, foi gravada integramente en galego e en branco e negro conta a historia de Manuel, un home sinxelo que se expresa con dificultade e vive so nunha aldea. A enfermidade do seu can obrígao a viaxar á cidade e aí atopa a Paula, que foxe dun fogar desestruturado. Son dúas personaxes, que aínda que parecen antagónicas converteranse en amigos”.