Evento

Día Internacional de Muller en Viveiro

08/03/2024 a 16/03/2024

A programación comezará o propio día 8 de marzo co acto institucional do Día Internacional da Muller e a lectura do manifesto ás 12:30 na praza Maior.

O sábado 9, terá lugar ás 20:30 a representación da obra 'Boa sorte, mala fama' no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e, ás 22:00, unha cea de irmandade de mulleres no Restaurante Louzao (Area).

Paralelamente, ata o día 16 de marzo estarán dispoñibles para a súa visita as exposicións do IX Concurso de Debuxo Escolar "Mamá Traballadora" na Biblioteca Municipal e do IV Concurso de Fotografía Amateur "Mulleres e Traballos" nos comercios adheridos ao Casco Histórico de Viveiro.

Do 1 ao 15 de abril estará dispoñible unha nova exposición, "Chicas nuevas 24h" de Mabel Lozano, na sala multiusos do Concello, financiada pola Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero. O alumnado de 3º da ESO do IES Vilar Ponte visitará a mostra o 3 de abril.

Ademais, ata o 28 de maio desenvolverase o obradoiro sobre "Acoso Escolar ou Sexual e Redes Sociais" dirixido ao alumnado dos IES María Sarmiento e Vilar Ponte, que comezou o pasado día 23 de novembro.

Tamén continuarán ata o 30 de maio as sesións do Clube de Lectura "En Feminino"