A programación comeza o 8 de marzo. Concentración diante do Concello e lectura do manifesto. Ás 20:30 horas: Teatro, coa obra Cigarreiras.
Domingo 10 de marzo: ás 12:00h, na Sala Bahía, teatro familiar con Sarabela Teatro e a súa Asemblea Xeral.
Martes 12 de marzo: ás 18:30h, na Casa da Cultura, contacontos pola Igualdade con Marisa Irimia.
Domingo 17 de marzo: ás 11:00h na Sala Bahía, obradoiro no que nenas e nenos a partir dos 3 anos poderán gozar de diferentes actividades sobre a Igualdade.
No mes de abril, e en colaboración coa UNED-Aula Universitaria de Foz, exposición sobre a trata de mulleres, realizada desde o Servizo de Atención a mulleres vítimas de violencia, trata e explotación sexual, de Cáritas Diocesana de Lugo. Poderase visitar no Cenima.