Evento

Día da Xuventude en Ribadeo

02/06/2024 a 02/06/2024
Parque de San Francisco

 2 de  xuño de 16:00 a 21:00 horas

O Día de Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que está dirixido á mocidade de 12 a 35 anos. Tamén conta cun espazo de construcións, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Ao longo da tarde haberá gastronomía saudable, lecer educativo, concienciación ambiental, expresión artística, educación en igualdade de xénero e dinamización do entorno, entre outras actividades. Rematará coa actuación de Festra ás 20:30 horas.