Terá lugar o domingo 12 de novembro na parroquia de Celeiro de Mariñaos onde haberá tamén unha andaina a carón do río Masma.
A carreira absoluta, cun percorrido circular de 5.600 m. que discorre a carón do río Masma, dará comezo ás 12:00 horas con saída e chegada nas escolas de Celeiro de Mariñaos.
A saída da andaina, que terá un percorrido de 9 km, será ás 10:30 h. e os dorsais de todas as probas poderán ser recollidos a partir das 10:00 horas no propio lugar das saídas.
O prazo de inscrición finaliza este xoves, podendo facerse -ou recibir máis información- na páxina web do circuíto