Avelaíña Teatro presenta 'Almas na Gloria: Don Paco'
A representación terá lugar na Casa da Cultura de Burela este domingo día 29 de outubro
A obra trata como Francisco Fernández del Riego, Don Paco, e outras destacadas figuras da cultura galega, rememoran a traxectoria do primeiro con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2023
Os protagonistas da obra rememoran a mocidade de Del Riego no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista, o drama do golpe de Estado, o nacemento da Editorial Galaxia ou a creación do propio Día das Letras en 1963
O espectáculo comezará ás 19:00, e a entrada é gratuíta