Evento

25N en Ribadeo

24/11/2023 a 26/11/2023
20:00 h a 21:00 h

O lema elixido para este 2023 é Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia.  A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “iniciamos a semana repartindo nas escolas Historietas 25N, unha iniciativa que promove a prevención e destaca o talento artístico. O venres 24 proxectaremos Matria para os centros de ensino e nun pase aberto ás 20h para todo o público."

Sanjurjo contou que “o sábado, o 25N, será a concentración seguida da lectura do manifesto Ribadeo Unida pola Igualdade, Forte Contra a Violencia. O 26 de novembro será a representación teatral de Iria Piñeiro, que representará Miss España no auditorio municipal ás 20:00 horas"

Ribadeo 25N 2023