Máis de 350 inscritas no XII Encontro de Palilleiras de Xove

Encontro de Palilleiras en Xove
photo_camera Fotografía: Facebook Concello de Xove
O vindeiro sábado, 7 de outubro, terá lugar no Concello de Xove o XII Encontro de Palilleiras. 

A día de hoxe hai algo máis de 350 palilleiras inscritasprocedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León— e uns 25 vendedores anotados. O Encontro, que se vai desenvolver no pavillón de deportes, comezará ás 10:30 h coa recepción de todas as palilleiras.


O horario de apertura ao público será de 10:30 a 13 h pola mañá e de 16:30 a 19 h pola tarde. A entrada será libre e gratuita para todos os asistentes.


A organización corre a cargo da concellería de Servizos Sociais, a través do Departamento de Muller e Igualdade. Colabora a  Asociación Saiñas, pois o grupo de gaitas da asociación será o encargado de amenizar o Encontro.