Paula Carballeira levou as súas historias de arrepío a Xove

A Concellaría de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe, luns 25 de setembro, a segunda actuación dentro do programa Ler Conta Moito 2023, patrocinado pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. 

A escritora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, foi a encargada da actuación de hoxe coas súas "Historias de arrepío", ou sexa, os chamados “contos de medo”.

Esta actuación destinouse aos 80 rapaces e rapazas de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón de Xove.

Comentarios