Deu comezo a XXXV Tirada de bolos do Concello de Xove

A tirada do Centro Social de Lago foi a primeira das 18 previstas para esta trixésimo quinta temporada, vixésimo cuarta no caso da Liga Sub 16 e décimo quinta para a Liga Senior Feminina.


Non hai cambios substanciais para esta tempada, xa que as regras e a normativa serán similares a anteriores edicións. O gran reto para esta temporada será —o mesmo que os últimos anos—, o de incorporar xente moza a este deporte. Desde a organización saben que a continuidade do deporte popular e deste en concreto pasa por integrar ás novas xeneracións no coñecemento e práctica do mesmo, que aínda que minoritario, si ten unha gran importancia no noso acervo popular.
.
E por isto que están en contacto co Departamento de Deportes do Colexio Pedro Caselles para que todos os alumnos dos cursos superiores participen nunhas xornadas de promoción, nas que se lles vai explicar de forma teórica e práctica este deporte, co fin de que polo menos algúns deles se incorporen á  Liga. En principio, se non hai cambios, as datas para estas xornadas de promoción serán os dias 13, 14 e 17 de novembro, e por elas vai pasar todo o alumnado de 1º a 6º de Primaria.

Comentarios